E será así toda a miña vida. Sempre caerán silenciosas e a escondidas, baixando polas miñas meixelas nunca carreira que non desemboca en ningures. Caen e pérdense como as follas que caen dos arbores en outono. E a alguén lle importan ditas follas? Non, a ninguén. O mellor é tapalas coma sempre, finxir que non pasa nada e endulzarnos con salsas que adornan as caras. A quen non lle gusta mollar o pan en dita salta? A ninguén, pero lavar o prato sucio é moi complicado. E nin todas as esquinas son para as putas, nin todos os solitarios están sós porque queren. Pero aquí estamos nos para catalogalos, e logo! Non podía ser doutra forma.
Alguén ve máis alá destas catro relacións mal feitas? Si é así, que me busquen detrás da etiqueta que me colocaron dende sempre, porque non podía ser doutro xeito.