jueves, 1 de diciembre de 2011

MONGUER


Boas, chámome Gatunconpán.
¿Recórdoche a algo do teu marabilloso mundo? Seguro que si, e aposto o muelle dunha pata a que a un ''gato''. O certo é que non fai moito tempo eu era coma eles: peludo, suave, áxil, durmía parte do día e a outra parte comía peixe, encantábanme os aloumiños, dicía ''marramamiau''. O que é un gato convencional.
Pode que o meu aspecto che resulte raro, incluso que te rias de min, pero ¿sabes que? son un ''gato'' do futuro, e a túa especie está extinguida, ¿quen se ri agora?. Bueno, o conto. Non estou aquí para anunciarche unha lixivia que quita todas as manchas da roupa, senón para contarche a miña historia.
Aló polo ano 151195, eu disfrutaba no almorzo da miña lata de sanrdiñaschurrasquiña, cando vin que me tocara o que levaba anos esperando: unha entrada vip o museo de historia. Ía ter acceso a toda a información que se recadara ata o de agora, e ía a poder coñecer máis da miña especie.
Chegou o día da visita o museo, estaba moi nervioso. Cando cheguei alí unha profesora cedeume a súa axuda, e levoume os arquivos que tiñan que ver coa miña especie. Comecei a ler todos aqueles papelorios amarelentos, e decateime de que tiña antepasados diferentes a min. Tíñamos rasgos parecidos, pero exteriormente había cousas que mudaran bastante. O nome que recibía este ser era ''gato''. Ademais das características físicas tamén se contaba como vivía e con quen, o ''gato'', o meu tataratatarataratatara..... avó vivía cos ''humanos''. Tamén pescudei cousas sobre eles, cousas moi interesantes, pero a vez frustrantes, como por exemplo que facían cousas que os perxudicaban a eles mesmos, ata que un certo día, desapareceron do mapa.
Cando a visita rematou,  volvín a miña gaiola (é raro, xa o sei, pero agora os paxaros tomaron o control de todo). Non puiden durmir durante días. Parecíame un final tan tráxico pero a vez buscado polos humanos, que  sentía a necesidade de cambialo, pero, ¿como?. Despois de moito cavilar, decidín buscar a maneira de volver ao pasado, e facer todo o posible para cambiar as cousas que levaron a esta especie a desaparecer. Por iso ti agora estás lendo a miña carta.
Desde o meu punto de vista felina, aconsélloche que desde xa deixes de preocuparte polas cousas exteriores, pois solo son fachadas que mudan co tempo. A apariencia dos gatos tamén evolucionou, ata seren gatos coma min. No meu mundo ninguén, absolutamente ninguén lle da a mesma importancia que vos o exterior. Claro que sigue habendo gatas guapas e gatas feas, pero o que máis importa é si son gatas boas ou malas. Tedes que fixarvos no interior, na calidade das persoas, esquecervos de que o diñeiro o move todo, das contas exactas... pois o bonito está no diferente.
¿Imaxinas que pasaría si alguén me ve no teu mundo? Supoño que me ridiculizarían ata que puideran aproveitar algo de min, daquela todo o mundo me aceptaría. O dito, todo fachada.
Como sei que tes moitas cousas que facer, deixoche aquí este aparello, para que todo o mundo poida mirar no teu interior. Déixoche tamén lupas de reposto, para que poidas mirar ti tamén no fondo das persoas, e non apartalas do teu camiño pola apariencia, senón gracias a ciencia.
 Deica logo minino.